lunes, 26 de agosto de 2013

Trampa para mosquitos


http://www.youtube.com/watch?v=W1Dg9LvnzAY

Mas alla de los sueños :-)

Guión de Ron Bass, baseado nunha novela do famoso autor de ciencia ficción Richard Matheson, describe o drama de Chris, (Robin William) un home maduro, profundamente namorado da súa esposa Annie, (Collins-Nielsen) que tamén lle corresponde. Ese amor é posto a proba cando morren nun accidente de coche os dous fillos adolescentes do matrimonio e sobre todo, cando falece Chris en similares circunstancias. Desesperada Annie, que xa recibira tratamento psiquiátrico, suicídase. Dende «o seu ceo», coa forma dos belos cadros que pintaba a súa esposa, Chris lánzase a rescatar a Annie do dantesco inferno dos suicidas. Na súa viaxe, contará coa axuda dunha especie de anxo da garda e dun misterioso guía, experto no inferno... Para todos os que a viron e para aqueles que aínda non o fixeron, lles recomendamos esta bela película, onde nos ensina que o Amor é o máis importante da nosa existencia
http://vimeo.com/37870179

lunes, 19 de agosto de 2013

Blog para cambiar de subministradores

Si ademais de queixarnos queremos facer algo, podemos. Hai alternativas para todos ou case todos os servizos. Que nos soben a factura do teléfono, podémosnos/podémonos cambiar a outra compañía máis barata, sen permanencias nin timos. Aumenta o recibo da luz e cóbrannos polo sol, pois hai outras empresas tamén, máis xustas, máis baratas e que non supoñen alimentar un monopolio co noso diñeiro. E, ademais, ecolóxicas e sostenibles, sen cargos políticos enchufados. Cámbiate, si queres, podes.
http://mecambio.net/