martes, 26 de abril de 2011

Video sobre economía no mundo actual.

Penso que nunca mirei unha explicación máis exacta sobre o que significou o neoliberalismo, dende o seu nacemento, dende as teorías do shock, posteriormente aplicadas á economía por Milton Friedman e a súa posterior aplicación práctica, por vez primeira en Chile, ata a chegada do señor Obama á presidencia americana, fancedo pasada previa polos tempos da Tatcher e Reagan, os Bush e Guantánamo, a guerra de Irak, os atentados do 11 S, etcétera.
Trátase dun documento imprescindible para calquera persoa que queira estar minimamente informada do que se coce, e dende unha visión anglosaxona. Merece a pena pasar unha hora vendo o video. Paréceme un video necesario para saber.

http://vimeo.com/20220867

No hay comentarios:

Publicar un comentario