viernes, 7 de octubre de 2011

O ESPELLO DE GANDHI

O ESPELLO DE GANDHI
Preguntáronlle nalgunha ocasión a Mahatma Gandhi acerca de cales son os factores que destrúen ao ser humano e respondeu así:

A Política sen principios, o Pracer sen compromiso, a Riqueza sen traballo, a Sabedoría sen carácter, os Negocios sen moral, a Ciencia sen humanidade e a Oración sen caridade.

A vida ensinoume que a xente é amable, se eu son amable; que as persoas están tristes, se estou triste; que todos me queren, se eu os quero; que todos son malos, se eu os odio; que hai caras riseiras, se lles sorrío; que hai caras amargas, se estou amargado; que o mundo está feliz, se eu son feliz; que a xente se enfada, se eu me enfado; que as persoas son agradecidas, se eu son agradecido.

A vida é como un espello: Se sorrío, o espello devólveme o sorriso. A actitude que tome fronte á vida, é a mesma que a vida tomará ante min.

"O que queira ser amado, que ame".
A unica razon porque es feliz, é porque ti decides ser feliz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario