martes, 12 de marzo de 2013

DECÁLOGO DE LA MADRE segun la PSICOGENEALOGIA

1.-Parín un fillo que non é meu. Entrégoo ao mundo.
2.-Este fillo non veu a cumprir o meu proxecto, nin os proxectos da miña árbore xenealóxica, senón o seu propio.
3.-Non o bautizo con ningún nome xa presente na árbore, nin con nomes que lle impriman un destino.
4.-Doullo todo, críoo con afecto, sen deixar de ser eu mesma, sen adicción ao sacrificio, senón con responsabilidade e desde a liberdade.
5.-Ofrézolle ferramentas que lle axuden a construír o edificio da súa propia vida, pero acepto que tome libremente as que el xulgue adecuadas e rexeite as inadecuadas para el. Doume conta que o mellor xeito de ensinar a un fillo non é con mitins, nin con límites, senón co exemplo.
6.-Acepto que deixe de chamarme "mamá" cando el o decida, para pasar a chamarme polo meu propio nome, porque así rompe lazos de dependencia e a relación entre ambos equilíbrase.
7.-Permítolle e facilito que teña un espazo privado e íntimo na casa que sinta coma o seu propio territorio.
8.- En canto á elección das súas amizades, da súa carreira, das súas actividades de lecer, etc., escóitoo, doulle o meu parecer, pero non selecciono nada por el, nin lle prohibo nin o obrigo.
9.- Deixo que o meu fillo cometa erros, que se caia, que non sexa perfecto. Comprendo que cada fracaso é un cambio de camiño e con eles crécese cada día; se o protexo demasiado, bonsaitízoo, nunca será adulto.
10.-Xamais definirei ao meu fillo ("é tranquilo", "é nervioso", "é tímido"), porque entendo que os nenos fórmanse o seu autoconcepto a partir do que os seus pais din del. Transmítolle que dentro del están todas as posibilidades do ser, éo todo en potencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario