viernes, 26 de abril de 2013

Lua chea en Nova Zelanda

  O australiano Mark Gee capturou en video unha belísima imaxe da lúa asomando sobre o o mirador de Mount Vitoria en Wellington (Nova Zelanda). En poucos días, o video alcanzou as 110 mil reproducións e
é furor na web Vimeo.

"A xente reuniuse aí arriba esta noite para ter a mellor vista posible da saída da lúa. Capturei o video a 2.1 quilómetros de distancia, no outro lado da cidade", explicou Gee na descrición do video.

Segundo o seu autor, o material está tal e como foi filmado, sen ningún tipo de manipulación..


"É algo que quixen fotografar por un longo tempo. Houbo moita planificación e intentos errados", asegurou.


http://player.vimeo.com/video/58385453?autoplay=1

No hay comentarios:

Publicar un comentario