lunes, 26 de agosto de 2013

Mas alla de los sueños :-)

Guión de Ron Bass, baseado nunha novela do famoso autor de ciencia ficción Richard Matheson, describe o drama de Chris, (Robin William) un home maduro, profundamente namorado da súa esposa Annie, (Collins-Nielsen) que tamén lle corresponde. Ese amor é posto a proba cando morren nun accidente de coche os dous fillos adolescentes do matrimonio e sobre todo, cando falece Chris en similares circunstancias. Desesperada Annie, que xa recibira tratamento psiquiátrico, suicídase. Dende «o seu ceo», coa forma dos belos cadros que pintaba a súa esposa, Chris lánzase a rescatar a Annie do dantesco inferno dos suicidas. Na súa viaxe, contará coa axuda dunha especie de anxo da garda e dun misterioso guía, experto no inferno... Para todos os que a viron e para aqueles que aínda non o fixeron, lles recomendamos esta bela película, onde nos ensina que o Amor é o máis importante da nosa existencia
http://vimeo.com/37870179

No hay comentarios:

Publicar un comentario