viernes, 22 de noviembre de 2013

Stargate

No ano 1928, o Profesor Langford descobre en Guiza (Egipto) un estraño artefacto metálico con forma de anel. Anos máis tarde, en 1994, o Dr. Jackson (James Spader), lingüista que daba unha conferencia sobre a escritura egipcia recibe a visita da Dra. Langford, que lle propón unha tradución dunhas tablillas do Antigo Egipto.

O Dr. Jackson tense que trasladar ata unhas instalacións militares na Montaña Creek, Colorado, onde lle mostran unhas enormes losas de protección. Nunha pizarra contigua existía unha tradución de parte dos símbolos, que non dubida en corrixir. A tradución dos outros símbolos lévalle dúas semanas, ata que se dá conta que non son símbolos senón constelaciones que sinalan un punto no Universo.

Cando explica os seus descubrimentos ao Xeneral West e o resto dos militares, deciden ensinarlle que se atopaba debaixo das losas de protección. Grazas ao Dr. Jackson, conseguen activar o StarGate e establecer un buraco de gusano coa outra punta do universo coñecido
http://www.youtube.com/watch?v=N-BQCixh-DI

No hay comentarios:

Publicar un comentario